💜 Actividades entorno ao Día Internacional da Muller no Concello de Xermade
O Concello de Xermade está a organizar a Conmemoración do Día Internacional da Muller 2025.
Contaremos nesta ocasión con varias actividades culturais dirixidas a público familiar, nas que se ofrecen diferentes referentes femininos onde mirarse, así como se dan a coñecer as vidas doutras mulleres que, fronte ás dificultades que se atoparon, foron determinantes, actuando como pilares e forzas motrices da sociedade.
Tamén, como é tradicional, o día 8 de marzo haberá unha cea para mulleres, onde aparte de unha xornada de confraternización, haberá agasallos para todas as participantes, baile e música.